Este traballo formalízase dentro do marco do proxecto europeo ZOE, queanaliza como a degradación ambiental e as accións humanas favorecen a aparición de zoonoses.
O recente incidente sanitario no buque de expedición Hondius, detectado en augas canarias con portadores de hantavirus, acendeu as alarmas sobre a fraxilidade da saúde global. O caso do Hondius, un claro exemplo de zoonose -enfermidades que saltan de animais (neste caso, roedores) a humanos- pon de manifesto unha vez máis a relevancia de impulsar investigacións nesta liña desde diferentes perspectivas.
Actualmente, un equipo da UDC lidera unha liña de investigación dentro do proxecto europeo ZOE: Emerxencia zoonótica a través de ecosistemas forestais degradados e restaurados.
O eixo fundamental desta investigación parte da premisa de que os casos de zoonose non só poñen en risco a integridade, senón que poden fracturar o noso estado psicolóxico, xerando ansiedade social e estigmatización das zonas afectadas.
Fronte a isto, o Proxecto ZOE, coa participación activa da UDC, propón un cambio de paradigma: non basta con reaccionar á enfermidade; hai que previlasanando a nosa relación co ambiente.
O papel da UDC: Investigando o «Factor Humano» en dous continentes
Baixo a dirección da profesora Adina Dumitru, un equipo multidisciplinar de persoal experto en psicoloxía e socioloxía UDC lidera unha das liñas máisinnovadoras do proxecto. O seu labor consiste en descifrar como as nosasdecisións e cultura inflúen na aparición de brotes. Unha investigación que se realiza a través dun estudo transcontinental a desenvolver en Latinoamérica (México, Costa Rica e Guatemala) e Europa (Eslovenia e Eslovaquia).
Os encontros do consorcio amosan que o risco zoonótico non depende só do virus, senón da explotación humana de ecosistemas clave. A deforestación, a fragmentación de hábitats, a expansión urbana e gandeira, e a perda de regulación ecolóxica destruíron as barreiras naturais, incrementando o contacto entre a fauna salvaxe e as comunidades humanas.
Para isto súmanse os efectos do cambio climático e a perda de biodiversidade,que facilitan que especies transmisoras (vectores como mosquitos e carrachas) se adapten a novos espazos.
A investigación pon o foco en factores que actúan como catalizadores depandemias. Entre eles, recóllese o aumento de actividades na natureza(sendeirismo, turismo, recolección), que intensificou o contacto coa fauna. Prácticas como alimentar animais salvaxes, rescatalos inadecuadamente ou permitir a interacción con mascotas elevan o risco. En Europa, o risco é recreativo e laboral, como por exemplo nos traballadores forestais, destacando as carrachas como un vector normalizado na vida cotiá.
Noutro punto están as prácticas de caza, tráfico e vulnerabilidade estrutural. A caza e o consumo de carne de monte seguen arraigados; porén, o proxectoZOE revela marcadas asimetrías rexionais. Mentres en Europa a regulación é máis sólida, en Latinoamérica as desigualdades sociais (vivendas precarias, aglomeración e falta de acceso a servizos sanitarios ou veterinarios) amplifican drasticamente a vulnerabilidade das comunidades rurais e traballadoresmigrantes.
Así mesmo, detéctanse moitas brechas no nivel de coñecemento, especialmente de certos vectores; as campañas soen centrarse en enfermidades illadas (como o dengue no Caribe ou a borreliose en Europa), descoidando outros riscos como os provocados polos roedores ou chinches. Ademais, prácticas como a automedicación ou o recurso exclusivo a remedios domésticos atrasan a atención médica formal.
O equipo advirte tamén contra o abuso de métodos de control químico que xeran resistencias, avogando por unha prevención baseada no coñecementoecolóxico.
Cara a unha «Soa Saúde» e resiliencia ecosistémica
O labor da UDC no consorcio ZOE é clave para traballar cun enfoque OneHealth, a idea de que a saúde humana, animal e ambiental son unha soa. O estudo compara de forma sistemática tres escenarios: ecosistemas degradados, en recuperación e restaurados. O obxectivo é demostrar que a recuperación da biodiversidade actúa como un «escudo natural» contra as zoonoses.
A través destes encontros preliminares, obtidos en talleres con actores locais, a UDC está axudando a deseñar recomendacións políticas e estratexias de mitigación adaptadas ás realidades locais de cada rexión e que van máis alá da sanidade tradicional.
As futuras directrices de saúde pública deberán combinar a planificación territorial, a xestión de residuos, a educación comunitaria e a coordinación institucional. Búscase, en definitiva, transformar a acción humana dunhaameaza a unha xeración de protección pública, empoderando á sociedade civil para evitar futuros brotes mediante o coñecemento e o respecto aos límites da natureza.