As infantís de Warnier Informática xogan a Final a 4 da Coruña

As xogadoras de Javier Codesido aspiran a unha praza para a Fase de Ascenso.

O Warnier Informática, o equipo infantil feminino do Club Santo Domingo Betanzos, disputa esta última fin de semana de maio a Fase Final da Liga da Coruña na que se poñen en xogo dúas prazas para a Fase de Ascenso a Primeira División. As rapazas adestradas por Javier Codesido chegan a esta cita logo dunha temporada, avalada polos números (18 vitorias en 25 partidos disputados), e terán como rivais a Calasanz, ao que se medirán o sábado ás 12h no José María Valeiro Iglesias “Tocayo” en semifinais, e aos equipos de Montrove e Culleredo, que xogan entre si o outro emparellamento.

La Goleta, a unha vitoria da Segunda Autonómica

Outro dos pratos fortes da xornada é o encontro que enfrontará a La Goleta e San José de Cluny en Vigo, no quinto lance da Fase de Ascenso a Segunda Autonómica. Con máis incertezas das previstas, pois o rival ten un partido menos por suspensión do seu encontro da semana pasada, pero o partido pode supor o ascenso matemático a Segunda División para o equipo máis veterano do club. As contas son claras: se non quere depender de resultados de terceiros ou deixar a faena para a última xornada, o conxunto betanceiro debe gañar a súa cita (domingo, 17h, Colexio San José de Cluny).

Completan a fin de semana as citas copeiras do premini (semifinal contra Liceo La Paz), dos infantís de Cyrdega (oitavos de semifinal contra Cambre) e Grelo cadete (cuartos da Copa Júnior contra Maristas).

Comparte éste artículo
No hay comentarios