A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol acolle unha nova edición do curso de verán que achega ao alumnado ás técnicas de modelado 3D

Un ano máis, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle o curso de verán “Modelado 3D con Siemens NX” da man dos profesores da Universidade da Coruña (UDC), Juan de Dios Rodríguez García e Antonio Couce Casanova. Desde hoxe, mércores 10, e ata o venres 12 de xuño, terá lugar a primeira parte desta formación, de nivel básico, na que o estudantadoinscrito se familiarizará coas técnicas de modelado 3D botando man dun software de referencia na industria. 

Os 21 alumnos e alumnas inscritos nesta primeira parte do curso de verán“Modelado 3D con Siemens NX” que acolle o Campus Industrial de Ferrol cursan estudos de grao ou de máster na propia Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), así como na Facultade de Dereito e na de Informática, ambas as súas situadas no Campus da Coruña. 

As persoas interesadas en participar na segunda parte do curso, de nivel avanzado, poderán inscribirse ata as 14:00 horas do venres 12 de xuño. A formación terá lugar, do luns 15 ao mércores 17 de xuño, de 09:00 a 14:00 horas. O prezo da matrícula é de 30 euros para os e as integrantes da comunidade universitaria e para aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego. A tarifa para o público xeral ascende a 50 euros. Máis información enviado un coreo electrónico a de.dios.rodriguez@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3105.

Comparte éste artículo
No hay comentarios