CIG-Saúde convoca unha concentración este xoves na Mariña polo peche de camas

«A xerencia prioriza os recortes e non a asistencia» afirman dende a central nacionalista.

CIG Saúde critica á equipa directiva do hospital «que persiste na súa política de peche de camas», o que significa unha «maior dificultade ao acceso de prestacións sanitarias por parte da poboación da Mariña, aumento das listas de espera, saturación dos servizos de urxencias, etcétera».

«Unha vez máis, aseveran, a Dirección do hospital mariñao prioriza os recortes e o aforro económico fronte ás necesidades de asistencia sanitaria, así como a precarización fronte á calidade asistencial, poñendo en risco a saúde das persoas».

Por todo o anterior CIG Saúde A Mariña fai un chamamento a participar este xoves 18 ás 11:30 horas na entrada do Hospital da Mariña baixo o lema: «Non ao peche de camas: no verán tamén enfermamos «.

Comparte éste artículo
No hay comentarios