O PP da Mariña lamenta que Besteiro non dea explicacións sobre o bloqueo estatal dos eólicos vinculados a Alcoa

O PP da Mariña lamentan que José Ramón Gómez Besteiro non aproveitase a súa visita a San Ciprián para explicar por que o Goberno central segue sen autorizar os parques eólicos de competencia estatal necesarios para reforzar a competitividade de Alcoa .

Os populares lembran que foi o propio Besteiro -quen en nota de prensa e reunido co comité- anunciou en decembro de 2023 o desbloqueo destes proxectos eólicos. Sen embargo, máis de dous anos despois, as autorizacións continúan pendentes e traballadores e comarca segue agardando por unhas decisións que dependen exclusivamente do Executivo central.

Neste sentido, o PP da Mariña tamén bota en falta maior grado de esixencia dos alcaldes e portavoces socialistas da comarca, moi dados a poñerse na foto con Besteiro pero incapaces de pedir explicacións por este incumprimento e polos continuos atrasos nunha cuestión estratéxica para o futuro de Alcoa e do emprego industrial na Mariña.

Así mesmo, os populares lembran que a axuda para o novo forno de ánodos forma parte do PERTE de Descarbonización Industrial, financiado con fondos europeos e non estatais. Agora a obriga do Goberno de España debera ser centrarse en convencer a Alcoa que execute o forno de ánodos comprometido e en desbloquear os proxectos pendentes que resultan fundamentais para o futuro da fábrica.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios