Katy Varela: “No Grupo Municipal Popular, como representantes dos cidadáns no pleno da corporación municipal, presentamos estas propostas porque consideramos que é necesaria maior creatividade e recoñecemento a persoas, colectivos, datas ou situacións característicos da nosa cultura, tanto local, como autonómica e estatal, no nomeamento das vías e parques novos da cidade”.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte fan pública a súa proposta de denominación para o novo espazo ao carón do parque dos Condes: Rúa Manuela Sáez González, ao estar dentro do prazo de 20 facilitado para presentar alegación ou propostas alternativas ao nomeamento inicial de rúa Cardenal.
A voceira popular, Katy Varela, explica que esta historiadora, nada en Monforte, ademais de ser pregoeira das últimas festas patronais, é moi coñecida por ser a maior experta no Condado de Lemos e, sobre todo, polo seu traballo de investigación do VII Conde de Lemos e Virrey Don Pedro Fernández de Castro Andrade y Portugal.
Ademais, o Grupo Popular presenta unha segunda opción de nomeamento, “por se a primeira opción non é de consenso”.
Neste caso, propoñen rúa das Lavandeiras. “O ano pasado celebrouse o acto do día da muller do ano pasado no entorno do parque dos Condes e foi en honra a estas mulleres e, ademais, hai un mural pintado rendendo homenaxe, polo que consideramos que tamén é unha boa opción”.
“No Grupo Municipal Popular, como representantes dos cidadáns no pleno da corporación municipal, presentamos estas propostas porque consideramos que é necesaria maior creatividade e recoñecemento a persoas, colectivos, datas ou situacións característicos da nosa cultura, tanto local, como autonómica e estatal, no nomeamento das vías e parques novos da cidade”, explicou.