O obxectivo é mellorar a eficiencia operativa, a sustentabilidade e a competitividade do sector agroalimentario galego.
O Clúster Alimentario de Galicia Clusaga coordina catro novos proxectos de I+D+i no marco da convocatoria 2025 de axudas a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria e Turismo, financiadas a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os fondos europeos NextGenerationEU.
As iniciativas contan coa participación dun consorcio de 25 entidades do ecosistema agroalimentario, tecnolóxico e de innovación: DIHGIGAL, BIOGA, VIRATEC, Soltec Ingenieros, Panoimagen, Gradhoc Smart, Grupo ECO3G, Coesco Deza, Conservas de Cambados, Queixería Barral, Snop Estampación, ASM Soft, Logicmelt Technologies, Kiwi Atlántico, ODS Protein, Queizuar, Isanatur e Contactica.
Presentación dos proxectos | 30 de xuño en Santiago de Compostela
Estes catro proxectos serán presentados publicamente o próximo 30 de xuño nunha xornada que se celebrará no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela) de 12:30h a 14:00h.
A sesión reunirá empresas e entidades do ecosistema de innovación co obxectivo de dar a coñecer as solucións desenvolvidas, fomentar a colaboración entre axentes e visibilizar o impacto destas iniciativas na transformación do sector agroalimentario.
Durante a xornada presentaranse en detalle os catro proxectos:
GEMIAL desenvolve un xemelgo dixital orientado a optimizar a planificación produtiva e a xestión de sistemas de frío industrial, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e reducir custos operativos.
SIIOMA aplica intelixencia artificial e modelos de linguaxe para mellorar o mantemento preditivo e o control de calidade en contornas industriais, facilitando a toma de decisións en tempo real.
SIMBA impulsa unha plataforma de intelixencia colaborativa para fomentar a simbiose industrial entre os sectores agroalimentario e biotecnolóxico, promovendo a valorización de subprodutos dentro dun modelo de economía circular.
SmartLaCO2 traballa no desenvolvemento dun pasaporte dixital verde baseado en blockchain para reforzar a trazabilidade ambiental no sector lácteo, incluíndo indicadores de pegada de carbono e hídrica.
Impulso á competitividade do sector
Desde Clusaga destacan que estas iniciativas permiten “achegar tecnoloxías avanzadas ás pemes do sector, facilitando o acceso a ferramentas de dixitalización e sustentabilidade que melloran a súa competitividade”.
O desenvolvemento destes proxectos busca favorecer unha transformación estrutural do sector agroalimentario galego, reforzando a súa capacidade de adaptación ante os retos enerxéticos, regulatorios e de mercado.
PROGRAMA
12:30 | Benvida
12:35 | Proxectos de I+D+i aplicada no eido da convocatoria de AEIs 2025
•
- • •
GEMIAL – Xemelgo Dixital Integral para a Optimización da Produción e Almacenamento en frío na Industria Alimentaria
D. José María Alonso Rodríguez | Responsable de I+D+i en Soltec Ingenieros S.L.
SIIOMA – Sistema integrado de intelixencia artificial para mantemento preditivo e procesos de calidade Industrial
D. Carlos González Val | Co-Fundador de Logicmelt Technologies S.L
SIMBA – Plataforma de intelixencia colaborativa para impulsar a simbiose agrobiotec xerando novos modelos de negocio sostibles
D. Samuel Fernández Seoane| Director de I+D+i en Kiwi Atlántico S.A. SMARTLACO2 – Conectando sector alimentario e Biotecnolóxico con Easy Scouting.
D. José Rodríguez Fernández | Director de Desarrollo de Negocio en ASM Soft S.L.
Pitch de empresas tecnolóxicas/Provedores homologados asociadas a
13:30 |
Clusaga
Breve presentación das capacidades e portfolio de servizos e produtos de provedores asociados a Clusaga
14:00 | Almorzo | Networking