O BNG demandará información sobre a planificación do goberno ante os incendios rurais durante o verán

O concelleiro do BNG, Alexandre Penas anunciou preguntas ao goberno municipal sobre a planificación na loita contra os incendios forestais. Penas afirmou que «estamos xa en xullo e vimos de pasar por unha das primeiras tempadas de máis calor do verán, e estamos a ver como a veciñanza amosa unha grande preocupación pola planificación de traballos da brigada municipal de defensa contra incendios forestais».

O Concello de Lugo recibe neste ano 2026 un total de 101.250€ da Xunta de Galiza para a contratación do persoal dunha brigada de defensa contra os incendios forestais, que se dedican cada verán ao acondicionamento de diferentes terreos nas 54 parroquias de Lugo. De cara ao 2026, o goberno do PP apoiado pola concelleira tránsfuga non fixo público o plan de traballos nin as datas nas que esta brigada estará traballando.

Penas afirmou que «os primeiros meses do PP no goberno están a empeorar o Concello, a principal liña política de Candia é improvisar o que fai que a veciñanza perda servizos moi importantes», e destacou que «a loita contra os incendios forestais é unha cuestión que require de planificación e boa execución».

Comparte éste artículo
No hay comentarios