Lugo desbloquea o convenio para investir 744.000€ na reforma da Protectora de Animais

O Concello de Lugo deu o paso definitivo para a ampliación e reforma da Protectora de Animais tras asinar o informe técnico que permitirá aprobar o convenio de colaboración a catro bandas.

O proxecto conta cun investimento total de 744.436 euros, financiado a partes iguais polo Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial. As obras, que tamén contan coa implicación da Sociedade Protectora de Animais, teñen como obxectivo adaptar o centro á normativa vixente, mellorar os espazos de atención veterinaria e garantir o benestar dos animais acollidos.

A previsión é que as actuacións estean totalmente executadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2026. Coa aprobación do convenio nos vindeiros días na Xunta de Goberno Local, iniciaranse os trámites económicos para arrancar as obras de inmediato.

Comparte éste artículo
No hay comentarios