Lugo por Palestina: Experiencias da Global Sumud Flotilla

Dende os anos 90 Israel leva impoñendo a limitación de movemento á poboación palestina na franxa de Gaza, endurecéndose esta medida no ano 2007 co bloqueo marítimo e aéreo da zona.

En resposta, ao longo dos anos producíronse varios intentos por parte da sociedade civil de romper o bloqueo e denunciar a situación da poboación gazatí confinada nun cárcere ao descuberto, e sometida a un xenocidio sistemático.

As sucesivas flotillas intentan levar axuda humanitaria a Gaza, e tamén son un medio de esixir ás ineficaces organizacións internacionais e aos estados que asuman a súa responsabilidade para poñer fin ao xenocidio e restituír ao pobo Palestino os seus dereitos como pobo.

O pasado 12 abril, máis de 70 embarcacións saíron rumbo a Gaza, levando axuda humanitaria, fundamentalmente material sanitario. O seu obxectivo: Quebrar o bloqueo, levar a Gaza un anaco de esperanza e solidariedade e axuda básica. Os barcos foron atacados en repetidas ocasións, as tripulacións secuestradas en augas internacionais e levadas a cárceres israelís onde sufriron torturas e todo tipo de vexacións. 

Unha das persoas participantes na flotilla, Alberte Pagán, estará o vindeiro día 14 de xullo ás 18:30, no Vello Cárcere, en Lugo, compartindo en primeira persoa o vivido e o aprendido nesa dura experiencia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios