Arteixo Futuro denuncia a un bar apoloxista do franquismo ubicado no Concello de Arteixo

A plataforma Arteixo Futuro ven de presentar unha denuncia administrativa contra o establecemento hostaleiro que mantén unha apoloxía constante da dictadura franquista ao entender que incumpre o marco normativo estatal e galego.

A presenza de bandeiras preconstitucionais e outro tipo de materiais que defenden o periodo dictactorial choca non só coa Memoria Democrática, tamén coa dignidade das víctimas.

Existe abundante documentación que detalla as persoas que foron “paseadas”, isto é asesinadas, por elementos falanxistas nos primeiros momentos da rebelión fascista, incluso historias de violacións e outras prácticas sádicas contra persoas demócratas ou que, simplemente, manifestaban ideas republicanas.

A iso engádese as dúbidas xurídicas ao respecto de determinadas frases incluidas na fachada do establecemento que suporían un incumprimento dos dereitos constitucionais, como é o artigo 14 da Carta Magna que especifica a igualdade da totalidade da poboación española.

Con todos estes antecedentes Arteixo Futuro formulou rexistrou un escrito perante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia reclamando a apertura de dilixencias e do preceptivo expediente sancionador.

O think tank considera que existe unha evidente extralimitación do dereito á liberdade de expresión cando se pendura na fachada unha enorme bandeira preconstitucional, se empregan eslogans asociados á dictadura e se plantexan determinados requisitos de acceso en función da ideoloxía ou opinións políticas de calquera persoa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios