A serie audiovisual e de entrevistas ‘Canda Elena’ vén de lanzar o primeiro adianto do que será o seu vindeiro capítulo, unha conversa de corte intimista que conta nesta ocasión coa participación de Robert Frias.
Neste novo episodio, a condutora do espazo, Elena Candia, afonda xunto a Frias nos camiños imprevistos que van definindo as traxectorias persoais e profesionais. Baixo a premisa de que «ás veces non escollemos os soños, senón que se van tecendo polo camiño», o diálogo aborda os motivos polos que Lugo acabou converténdose no lugar elixido por Frias para establecer o seu proxecto vital e futuro.
A entrega pon o foco na capacidade de acollida do territorio, na procura de contornas con identidade propia para emprender e na importancia de construír vida máis alá dos circuítos habituais.
O pequeno avance audiovisual serve como abrebocas para a publicación da entrevista completa, que estará dispoñible ao longo dos vindeiros días.