O concello de Lugo celebrou este domingo a festividade de San Roque, renovando un compromiso histórico que a cidade mantén de maneira ininterrompida desde o ano 1768. A comitiva institucional percorreu a rúa de San Pedro e o corazón do casco histórico ata a capela do santo nunha xornada marcada pola participación veciñal e o respecto ás raíces locais.
O acto contou con unha destacada representación institucional, na que participaron o delegado da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, os concelleiros do goberno municipal, o exalcalde Miguel Fernández e a concelleira Ana González Abelleira, xunto a outros membros da Corporación e veciños que quixeron sumar ao percorrido.






A marcha tradicional ata o templo escenificou a vixencia dunha celebración que, 258 anos despois da súa orixe, continúa moi viva na identidade lucense. Durante a xornada, subliñouse o valor de protexer o patrimonio cultural e a memoria colectiva como alicerces do municipio.
«Hai días que teñen algo especial. Unha cidade non é só o que construímos hoxe, senón tamén aquilo que recibimos dos que nos precederon e que temos a responsabilidade de conservar», sinalouse Elena Candia, destacando que esta cita reafirma o orgullo de pertenza e o vínculo de Lugo coas súas tradicións.