O Concello da Coruña remata a humanización do cruce semafórico de Alfonso Molina, con máis seguridade para os peóns e novas zonas verdes

A plantación de árbores, plantas e arbustos culmina unha intervención xeral da conexión entre a avenida Fernández Latorre e as rúas Ramón de la Sagra e José Cornide, onde se fixeron melloras de accesibilidade e de seguridade viaria cun investimento de 150.000 euros.

O Concello ven de rematar, co axardinamento, as obras de mellora do tramo da avenida Alfonso Molina que conecta a avenida Fernández Latorre e as rúas Ramón de la Sagra e José Cornide, unha zona na que se investiron máis de 150.000 euros en melloras xerais de accesibilidade e no reforzo da seguridade viaria coa elevación do paso peonil e a rehabilitación das beirarrúas. A intervención enmárcase dentro do plan de humanizacións viarias e creación de zonas verdes en todos os barrios da cidade posto en marcha polo Goberno de Inés Rey.

«Milleiros de persoas pasan a diario por esta porta de entrada á cidade. Co proxecto que impulsamos, damos unha nova imaxe ao tramo buscando non só a funcionalidade e a humanización, senón tamén a ampliación de espazos verdes, un dos eixos fundamentais das remodelacións que levamos a cabo en todos os barrios da cidade», apuntou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín. 

As labores de naturalización deste punto incluíron a plantación de dous árbores da tipoloxía «Slender Silhouette», a formación dun espazo vexetal con variedade de especies e coa colocación dun total de 83 exemplares de plantas, a habilitación doutro espazo de setos tipo «Ilex Crenata», con ata 165 unidades acomodadas e o suministro e instalación dun sistema de rego por goteo para asegurar o abastecemento deste espazo vexetal. 

Tamén como parte deste proxecto, neste punto de Alfonso Molina se elevou o paso peonil, contribuíndo así ao calmado do tráfico e mellorando a seguridade viaria dun dos accesos máis transitados da cidade. Ademais, tamén se renovaron as canalizacións pertencentes á rede municipal de saneamento e dispúxose un novo pavimento nas beirarrúas, máis moderno e con materiais máis resistentes para facilitar o tránsito das persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.

Pasarela entre estacións

Tamén na avenida Alfonso Molina, o Concello abriu a pasada semana outra das grandes obras de mellora dos accesos á cidade, coa remodelación da pasarela entre estacións, que supuxo un investimento municipal de case 1.000.000 € e permitiu sanear e mellorar a estrutura, reforzar a seguridade peonil ao longo do percorrido e mellorar a súa accesibilidade con respecto á configuración anterior.

Tras a apertura completa da pasarela, restan unicamente os últimos traballos de acondicionamento na contorna e as actuacións de xardinaría previstas, que se executarán nas vindeiras semanas para completar definitivamente a intervención, avanzando así de forma dedicida nas accións municipais de mellora xeral dunha arteria de vital importancia para a cidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios