A alcaldesa de Lugo e o concelleiro de cultura compareceron para presentar a programación do San Froilán 2026, que se celebrará do 4 ao 12 de outubro e que suma centos de actividades nas que participarán de agrupacións e artistas locais e nacionais.
«Este é un San Froilán feito para toda a cidade, sen excepcións: para quen queira gozar dun gran concerto, para quen prefira a música tradicional, para as familias e para a xente máis nova», sinalou Elena Candia. A rexedora ratificaba que serán “unhas festas patronais para toda a cidade, cunha programación gratuíta en todos os escenarios para facilitar que a veciñanza goce do San Froilán”.
Nove días de festas, verbenas todos os días
As verbenas son unha das pezas fundamentais do San Froilán 2026, as festas por excelencia do outono galego, polo seu carácter popular e pola capacidade de reunir a persoas de todas as idades arredor da música e da festa.
Este ano, o San Froilán contará con verbena todos os días, do 4 ao 12 de outubro, cun total de 13 repartidas en catro ubicacións diferentes. “Estamos falando de formacións de grande proxección no panorama verbeneiro nacional que levarán a festa a máis puntos de Lugo, facendo que o San Froilán se viva en distintos puntos da cidade”.
Na Praza Maior, diante da Casa do Concello, actuarán Marbella, Principal, Los Satélites, Acordes, Grupo Beatriz, Punto Clave, América, Suavecito, Escaparate e Costa Dorada.
A programación estenderase tamén a outros puntos da cidade con París de Noia, o día 5 en Augas Férreas; Panorama City, o día 8 no Agro do Rolo; e a Panorama, o día 12, cun espectacular escenario de 64 metros.(pendiente de confirmar ubicación)
O 12 de outubro, xornada de peche das festas, será especialmente intenso con tres orquestras: Escaparate ofrecerá a sesión vermouth s 13.00 horas na Praza Maior, Costa Dorada actuará tamén á tardiña tamén diante da casa do Concello ás 19.30 horas e a Panorama levará á noite o seu espectáculo a Sanfiz.
Deste xeito, as verbenas gañan presenza, espazos e horarios, mantendo unha proposta que forma parte da esencia do San Froilán e que permite que toda a cidade poida desfrutar da festa.
Concertos gratuitos para todos os públicos: distintos escenarios, distintos ambientes e unha mesma idea: que cada persoa poida atopar o seu San Froilán.
1. San Froilán Miúdo: os nenos e nenas tamén son protagonistas do San Froilán
Dentro do obxectivo de facer “Un San Froilán para todos”, a programación infantil terá un protagonismo especial, baixo o paraugas do San Froilán Miúdo , con propostas pensadas para que os nenos e nenas e as súas familias desfruten das festas.
A programación comezará xa en setembro cos Peludez, que realizarán 30 visitas aos centros educativos de Lugo, incluídos CEIP, escolas infantís e ao HULA, para achegar o espírito do San Froilán aos máis pequenos e comezar a quentar motores antes das festas. Os Pelúdez son personaxes moi queridos e forman parte da memoria do San Froilán, pero as novas xeracións non sempre tiveron a oportunidade de coñecelos como as anteriores. Por iso, o Concello quere recuperalos como vehículo para transmitir ás nenas e nenos as raíces das festas así como o seu carácter rural.
Xa durante o San Froilán, Pica Pica será unha das grandes propostas, cun espectáculo musical infantil o 5 de outubro ás 12:00 horas na Horta do Seminario tamén está confirmado o espectáculo itinerante de Diminuts e o Carrusel Ambulante entre outros.
A programación completarase con música, maxia, contacontos e outros espectáculos infantís, xunto ás actividades habituais pensadas para desfrutar en familia.
Outro dos atrasctivos das festas para a cativada son as barracas que estarán funcionando do 26 de setembro ao 12 de outubro, ampliando así as posibilidades de lecer para os máis pequenos durante todo o período festivo. Ademais, haberá un Día do Neno, cunha xornada na que poderán desfrutar das atraccións a prezos máis económicos.pazo para a mocidade
O programa para as patronais incorpora propostas dirixidas especialmente ao público máis novo, como o Espazo Hip Hop, San FroiDance e o Electronic Lucus Fest.
3. A Horta do Seminario converterase nun dos grandes puntos de encontro musical do San Froilán cunha programación integramente gratuíta que combina artistas de ampla proxección nacional, nomes consolidados e o mellor talento galego e local.
A proposta está pensada para ofrecer unha música diferente cada día e para públicos moi diversos. A Horta do Seminario reunirá artistas e grupos de diferentes xeracións e traxectorias, con nomes como Nil Moliner, Malú, Juan Magán, Celtas Cortos, Sidecars e Santiago Auserón, xunto a propostas galegas e novas xeracións como The Rapants, 9louro e Lucho RK, ademais de La Penúltima.
Deste xeito, o cartel combina artistas consolidados e propostas máis novas, ofrecendo unha programación ampla e variada que permitirá ao público escoller entre diferentes estilos e xeracións ao longo dos nove días de festas.
O calendario da Horta do Seminario quedará así:
· 4 de outubro: Nil Moliner.
· 5 de outubro: Pica Pica e Sidecars.
· 6 de outubro: Novelouro + The Rapants.
· 7 de outubro: Lucho RK + Santiago Auserón.
· 8 de outubro: Celtas Cortos.
· 9 de outubro: Malú.
· 10 de outubro: Juan Magán.
· 11 de outubro: La Penúltima.
· 12 de outubro: Los Diablos.
4. Santa María: a música que forma parte da identidade de Lugo
A Praza de Santa María terá unha programación propia, que aposta especialmente pola música tradicional, a cultura galega, as agrupacións locais e propostas diferentes.
Aquí a programación busca outra maneira de vivir o San Froilán, con corais, bandas, zanfonas, gaiteiros, danza, humor e artistas vinculados á nosa cultura.
Pasarán por este escenario a Banda Filarmónica e Brath, a Orquestra Terranova cun espectáculo de zanfonas, grupos locais, San Froilán Sorrí, con monólogos de humor, El Kiki e o Cante das Minas, nun espectáculo do Teatro Real, Cántigas e Frores, Airiños de Orbazai, a Asociación de Gaiteiros e Xisco Feijoo.
A programación completarase o 4 de outubro con actuacións de corais.
5. Máis alá dos grandes escenarios musicais tamén hai San Froilán
O San Froilán é tamén unha festa de rúa, unha celebración que se estende pola cidade e na que a música, a tradición e a cultura popular saen ao encontro dos lucenses. A programación inclúe a actuación da Banda Municipal de Música no templete, cun concerto tras o pregón, e contará tamén coa participación da Banda Filarmónica, das Bandas de Música Crisanto, das escolas mancomunadas de Outeiro de Rei, Friol, Rábade e Begonte, así como de numerosos grupos locais.
A música estará tamén presente nas rúas a través de pasarrúas, charangas e batucadas, acompañadas pola presenza dos tradicionais Xigantes e Cabezudos, que volverán formar parte da paisaxe festiva da cidade.
A tradición galega terá igualmente un espazo propio, coa participación de grupos de danzas e escolas de baile, o Domingo de Mozas e o desfile de traxe galego, así como coa celebración dunha verbena galega d´e antes, cun espectáculo teatralizado na Praza Maior
O programa incluirá ademais diferentes propostas para descubrir e desfrutar Lugo durante as festas, como a Feira do Mel na Praza de Santo Domingo, o San Froilán Tecedeiro e a Mostra de Coches Clásicos,, xunto ao Mercado Medieval, que se realizará o 12 de outubro.
Ademais, o Concello colaborará co Mariña Fest, que se celebrará os días previos ás patronais, o 2 e o 3 de outubro, mediante apoio en infraestruturas, autobuses lanzadeira …
O programa completo, con horarios e localizacións de cada actividade, estará dispoñible nos próximos días.