O BNG expresa a súa preocupación ante dos atascos de automóbiles que se dan no centro da cidade coincidindo coa chegada do mes de setembro. «A zona de dentro de murallas debería ser de prioridade peonil e está totalmente descontrolada e chea de vehículos» advertiu Alexandre Penas e engadiu «o Concello debería tomar medidas para cumprir os prazos e garantir que o a ZBE non se convertese nunha enorme retención de tráfico facendo que os coches sexan os protagonistas da cidade».
Segundo anunciou o goberno no mes de xullo as cámaras de control de acceso na Zona de Baixas Emisións (ZBE) remataría a finais de agosto. Este cronograma estableceuse nunha reunión entre a alcaldesa de Lugo, Elena Candia; a concelleira de Participación Cidadá, Mar Carballas; e Raúl García Platas, director de Teva S.L., a empresa adxudicataria da obra. «As retencións producidas na mañá de hoxe constatan non hai ningún tipo de vixilancia para que o centro da cidade sexa un entorno amable coas persoas» aclarou Penas.Todo o sistema debería estar operativo antes do 30 de setembro, tal e como esixe a normativa europea. O goberno municipal deberá implantar e facer cumprir a ordenanza que rexerá a ZBE e permitirá completar a súa implantación, cumprindo coa normativa europea, que establece a obrigatoriedade deste tipo de zona para todas as poboacións de máis de 50.000 habitantes antes do 30 de setembro deste ano, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade do aire e á redución das emisións contaminantes