O Concello de Lugo crea o Consello Municipal do Arde Lucus e fixa as datas da edición de 2027

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, mantiveron una xuntanza de traballo coas entidades históricas do Arde Lucus para oficializar a creación do Consello Municipal do Arde Lucus. Este novo órgano institucional nace para dar estabilidade, estrutura e capacidade de decisión directa ás asociacións na organización e planificación da festa.

Durante a xuntanza, e mediante votación a man alzada, acordouse por consenso que o Arde Lucus 2027 se celebrará os días 17, 18, 19 e 20 de xuño.

«Trátase de avanzar nun modelo no que as entidades non só sexan informadas, senón que participen nas decisións. O Arde Lucus é patrimonio inmaterial de Lugo e unha festa que construímos entre todos.», Elena Candia, alcaldesa de Lugo.

Promoción nacional e nova ubicación para almacén

A xuntanza serviu tamén para trazar as liñas estratéxicas de difusión turística fóra de Galicia. Concello e colectivos estudan a participación conxunta en feiras de referencia como FITUR (Madrid) e INTUR (Valladolid), así como acordos de promoción cruzada con outras cidades que celebran recreacións históricas.

Por outra banda, acordouse liberar o local municipal da rúa Díaz Castro —destinado actualmente como almacén e dotado de calefacción por chan radiante— para darlle un uso de carácter social. A alcaldesa comprometeuse a habilitar un espazo alternativo e adecuado para o gardado de material antes de efectuar o traslado.

ARDE LUCUS 2027

  • Fechas oficiales: 17, 18, 19 e 20 de xuño de 2027.
  • Novo órgano: Consello Municipal do Arde Lucus (participación e xestión conxunta).
  • Obxectivos turísticos: Presenza en FITUR (Madrid), INTUR (Valladolid) e promoción cruzada.
  • Xestión de espazos: Reubicación do almacén de Díaz Castro para destinalo a fins sociais.
Comparte éste artículo
No hay comentarios