O equipo local, o Calvo Basket Xiria, foi unha das revelacións da 25/26.
Nova cita de Copa Galicia para o Ineltrón Santo Domingo Betanzos. Tras a axustada derrota do domingo pasado fronte a Traumacor Culleredo, o equipo dirixido por José Amando Pena “Soviético” e Chema Carretero viaxa ata Carballo, coa baixa por lesión de Luis Portilla, para medirse ao Calvo Basket Xiria. O rival, equipo vinculado a Basquet Coruña, foi unha das agradables sorpresas da pasada temporada 25/26 da Terceira FEB (chegando a disputar os playoffs previos á Fase de Ascenso) e volve contar cunha completa plantilla deseñada á que se veñen de sumar os xogadores vinculados Eric del Castillo e Ouwa Camara, así como o base sueco, internacional en categorías inferiores, Simon Finden.
Así valora o envite o adestrador betanceiro: “Segundo partido de pretemporada en Carballo para seguir mellorando o noso ataque e a nosa defensa. Os xogadores cada día se vana topando mellor fisicamente e adaptándose ao xogo que querermos desenvolver durante a temporada”.
O partido terá lugar no pavillón Vila de Noia, de Carballo, o domingo 13 ás 12h.
Estrea das infantís, dos júnior masculino e nova cita de Copa para os cadetes
Polo demais, a xornada do 12-13 de setembro trae consigo a estrea das infantís de Javier Codesido e Alía Ortega en Primeira División, dos júnior de Antonio “Doc” e Inés Varela e un novo partido de Copa dos cadetes de José Espiñeira e Carlos Martínez, tras a contundente derrota na xornada inaugural en Lugo.
Se as infantís e os cadetes se miden na mañá do sábado (12 e 10 h) ao potente Basquet Coruña, os júnior esperan á tarde (18h) para recibir a Cambre.