O estadio ABANCA Balaídos será a sede das Xornadas Nacionais de Xornalismo e Deporte · Vigo 2026, que se celebraró o luns 5 e o martes 6 de outubro. O evento foi presentado esta mañá no Concello de Vigo polo seu alcalde, Abel Caballero.
Organizadas pola Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), as xornadas estruturaranse en mesas de debate temáticas moderadas por profesionais da comunicación, coa participación de representantes institucionais, dirixentes deportivos, xornalistas e deportistas. O propio alcalde será o encargado de realizar a apertura institucional o luns 5 ás 18:00 horas.
Programa das xornadas
Luns, 5 de outubro
- 17:00 h — Homenaaxe aos olímpicos galegos Inauguración do programa cunha breve charla de Ricardo Leiva Román, director de Deportes do Comité Olímpico Español, seguida da entrega de agasallos aos deportistas e ás súas familias.
- 18:00 h — Mesa 1: «A importancia dun club profesional como o Celta para unha cidade como Vigo»
- Participantes: Abel Caballero (alcalde de Vigo), Javier Tebas (presidente de LaLiga) e Marián Mouriño (presidenta do RC Celta).
- Modera: Tito Irazusta (presidente da Asociación Española da Prensa Deportiva).
- 20:30 h — Mesa 2: «As mulleres no xornalismo deportivo»
- Participantes: Cristina Cubero (vicepresidenta primeira da Asociación Española da Prensa Deportiva), Ana Guantes (pioneira da prensa deportiva galega), Mercedes Moralejo (fotógrafa) e Lucía Dávila (creadora de contido de Movistar+).
- Modera: Mila Alonso.
Martes, 6 de outubro
- 17:00 h — Mesa 3: «Turismo deportivo»
- Participantes: Manel Fernández (concelleiro de Deportes de Vigo), Carlos Cao (director de Infraestruturas e Relacións Institucionais do RC Celta), David Suárez Martínez (CEO de Diesemm) e un representante de Galitur.
- Modera: Terio Carrera.
- 18:00 h — Mesa 4: «Relación entre os medios de comunicación e o deporte profesional»
- Participantes: Luis García (xornalista de Cuatro e COPE), Richard Barral (presidente da Asociación Española de Directores Deportivos), Miguel Méndez (seleccionador español feminino de baloncesto, recente bronce no Mundial de Alemaña) e José Carlos Bastos (director de Comunicación do RC Celta).
- Modera: Armando Álvarez.
- 19:00 h — Ponencia: «Prevención da violencia no deporte base»
- Relatora: Beatriz Gelpi Ferreira (máster en Formación Permanente en Dereito Deportivo pola Universidade de Valencia e cofundadora de Juntos Invulnerables).
- 19:30 h — Clausura e Mesa 5: «O gran momento do Celta»
- Clausura: A cargo de Abel Caballero.
- Mesa de debate: Con Claudio Giráldez (adestrador do RC Celta), Iago Aspas (capitán do RC Celta), Fredi Álvarez (adestrador do Celta Fortuna) e Pablo Meixús (capitán do Celta Fortuna). Nota: O RC Celta é un dos dous únicos clubs de Primeira División cuxo filial compite en Segunda División.
- Modera: Víctor López.
- Incluirase a intervención de ex-xogadores por videoconferencia.