Mentres os ecos das eleccións xerais retumban con forza en España, hai políticos que só miran para o seu ombligo, como é o caso do alcalde de Becerreá, máis preocupado en facer cábalas e buscar alianzas para ser a chave na Deputación de Lugo. Polo visto, Manolo Martínez anda agora mesmo máis solicitado que o sal de frutas despois dunha comillona de Nadal; e non é para menos, porque segundo apuntan as malas linguas, o home está agросando a base de ben a golpe de invitación en xantares estratéxicos, tanto na famosa parrillada de Santa Comba como en mesas de canto pobo hai na montaña lucense.
O taboleiro político lucense comeza a quentar motores e, cando o río sona, auga leva (ou máis ben, movementos de despacho a calicanto). Galicia Sempre, a formación que ten como un dos seus grandes motores a Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e veterano desta praza que recentemente confirmou que volverá encabezar a candidatura, anda de ruta pola provincia teitando alianzas, sumando apoios e buscando ese oco de ouro que lle permita reverter as maiorías e, de paso, atacar con opcións reais o cobezado escano de deputado provincial no partido xudicial de Lugo.
Porque, como ben se sabe por estas terras, na política municipal non hai baralla pequena se hai ganas de mandar na Deputación.
Sarria, Samos e Triacastela: O eixo do movemento
Segundo informaron fontes próximas ás negociacións, a maquinaria está en marcha a pleno rendemento. As conversacións apuntan a manter a actual candidatura que goberna en Sarria dentro da coalición, con ou sen Claudio Garrido na ecuación, que alí sempre gusta de haber intriga, mentres se tecen redes paralelamente en concellos veciños como Triacastela e Samos, onde non se descarta fichar talento procedente do espazo do Partido Galego.
En O Páramo e Láncara o panorama tamén promete, mentres nun se busca asegurar a continuidade da lista, no outro van a por todas co obxectivo claro de rebentar a actual maioría absoluta dos socialistas. Tampouco escapan aos radares de Galicia Sempre municipios estratéxicos como Outeiro de Rei e O Corgo, onde o plan pasa por rascar representación ou converterse nesa «chave de goberno» que abre calquera porta no momento decisivo.
A capital e A Terra Chá: Entre a empresa, a sanidade e o deporte
Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai á montaña. Ou o que é o mesmo: Lugo cidade preséntase como o gran botín, o «maná» onde se están movendo as pezas con máis cautela. Sobre a mesa barallan tres perfís moi definidos para liderar o proxecto na capital: un procedente do sector empresarial (totalmente independente), outro vinculado á sanidade pública e un terceiro cun rostro moi coñecido no mundo deportivo lucense. Se as fichas encaixan ben, a candidatura na capital podería dar a sorpresa e darlle un envorco total ás contas do partido xudicial.
Mentres, pola Terra Chá, a cousa anda repartida: en Meira negocian con aires renovados e un perfil empresarial, mentres que en Pol a cousa está máis collida con pinzas á hora de atopar quen queira tirar do carro como cabeza de cartel. Con este mapa de alianzas e fintas políticas, ¿chegarán os de Manuel Martínez con forza suficiente como para dar a campanada e pelexar o deputado na provincia? A partida xa está servida.