A oposición municipal da Laracha solicita un Pleno Extraordinario sobre a macroplanta de biogás

Un Pleno Extraordinario cun único punto: a paralización inmediata do proxecto da macroplanta de biogás en Soandres. Esta foi a solicitude presentada hoxe luns, por representantes dos grupos municipais da oposición na Laracha: o PSdG-PSOE e o BNG, acompañados por veciños integrantes da Plataforma Stop Biogás A Laracha, nas instalacións do Viveiro de Empresas da Laracha.

Este paso institucional ven xustificado ante a negativa do Concello a suspender cautelarmente o outorgamento de licenzas como a desta macroplanta de biogás, tal como se recollía na Iniciativa Popular Local presentada en agosto pola Plataforma Stop Biogás A Laracha e sustentada por case 2.000 firmas e que, sen embargo, nun pleno celebrado en setembro, conseguiu o visto bo do Concello para iniciar os estudios pertinentes para modificar o PXOM e prohibir a instalación plantas industriais de xestión de residuos para a producción de biogás, e similares, en solo rústico no municipio e que afectan a núcleos de población e ao patrimonio.

“A veciñanza sentimos que o Concello non está a facer todo o posible para paralizar este proxecto, porque podería pedir a paralización cautelar e non o fai”, afirman dende a Plataforma, que xa están preparando unha nova gran mobilización social para o sábado 7 de novembro , coa que convocan a toda a veciñanza, movemento asociativo, social e político de Bergantiños, en defensa do río Anllóns, a columna vertebral da vida desta Comarca, tal como indican dende a Plataforma: “Toca volver saír á rúa e mostrar que a veciñanza quere participar e ser tida en conta nas decisións que lles afectan”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios