O Condado-Paradanta convoca unha asemblea aberta en Ponteareas para preparar a folga xeral do 11N con presenza de CCOO, UXT e CIG

O Comité para a Folga Xeral do 11N do Condado-Paradanta convocou unha asemblea aberta a toda a veciñanza que se celebrará o vindeiro martes, 3 de novembro, ás 19:30 horas, na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas.

O encontro contará coa participación de portavoces dos sindicatos CCOO, UXT e CIG, quen compartirán as súas análises e valoracións sobre a folga xeral convocada para o próximo 11 de novembro. A continuación, abrirase un espazo de debate onde todas as persoas asistentes poderán expresar as súas opinións, formular preguntas e pór en común as súas reflexións.

Dende a organización sinalan que a folga xeral tamén se constrúe coa achega da cidadanía, polo que se fai un chamamento a asistir, informarvos e participar neste encontro aberto para resolver dúbidas, intercambiar puntos de vista e debater colectivamente sobre os motivos da convocatoria e a importancia de mobilizarse.

📅 Martes, 3 de novembro

🕢 19:30 h

📍 Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas

Comparte éste artículo
No hay comentarios