O vindeiro domingo 8 de novembro, o Centro Cívico de Canido (Ferrol) acollerá O Talentiño Solidario, un festival benéfico que reunirá sobre o escenario a gañadores e finalistas de distintas edicións deste coñecido certemen. Baixo o lema «O talento que nos une, a solidariedade que nos move», a cita combinará música, danza e maxia a partir das 17:00 horas.
Organizado coa colaboración da Asociación Veciñal de Canido, o evento ten un claro obxectivo solidario: recadar fondos para a loita contra o cancro e ofrecer apoio ás persoas afectadas e ás súas familias.
Un cartel de luxo con gañadores e finalistas de O Talentiño
O festival contará cun elenco artístico excepcional que representa o talento de varias edicións do certame:
- Apartado vocal: Participarán Sofía Hernández (gañadora de vocalistas en 2025), Antía Barona (vencedora en 2026), xunto coas finalistas Nuria Cornide e Sabela Castro.
- Música instrumental: A tarima vibrará co piano de Paula Seoane (gañadora de instrumentistas en 2025) e co son envolvente da arpa de Xiana Ruiz (finalista da mesma edición).
- Danza e maxia: O programa inclúe a actuación de Julia Pérez (gañadora en danza lírica en 2024) e o toque máxico de Meigo Simón (gañador de variedades en 2025).
- Artista invitado: A xornada contará tamén con Marcos Mella, o primeiro artista convidado da historia do certemen.
A presentación do evento correrá a cargo dos presentadores habituais das galas, Joaquín Enríquez e Rebeca Collado. Ademais, estara presentes os catro fundadores de O Talentiño: Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno, Joaquín Enríquez e Eva Faraldo.
Dúas causas solidarias en Ferrolterra
A recadación íntegra do festival destinarase a dúas entidades fundamentais no ámbito oncolóxico:
- Unha asociación de referencia contra o cancro, cunha ampla traxectoria en investigación, prevención e acompañamento a pacientes e familias en Ferrolterra.
- ASARGA, a asociación dedicada aos sarcomas, un tipo de cancro pouco frecuente que afecta os ósos e os tecidos brandos, co fin de dar visibilidade e impulsar recursos para esta doenza.
Como asistir: Entrada inversa e actividades solidarias
O acceso ao festival realizarase mediante un sistema de entrada inversa, o que significa que os asistentes poderán realizar unha achega económica voluntaria acorde ás súas posibilidades.
Ademais das actuacións en directo, o público poderá participar en sorteos e compras solidarias durante toda a tarde, grazas á implicación de numerosos comercios, entidades e persoas anónimas da comarca.
Información clave do evento:
- Data: Domingo, 8 de novembro.
- Hora: 17:00 horas.
- Lugar: Centro Cívico de Canido (Ferrol).
- Entrada: Inversa (achega voluntaria).
- Organiza: O Talentiño coa colaboración da Asociación Veciñal de Canido.