Os candidatos do PP ao Congreso por Lugo Francisco Conde e Cristina Abades visitaron en Burela acompañados por concelleiros do Partido Popular as instalacións de Astilleros Armon, punteiro a nivel internacional na fabricación de buques e embarcacións de apoio e líderes tamén na aplicación da innovación tecnolóxica, tanto nas propias embarcacións como no proceso construtivo, dende o respecto ao medio ambiente.
Francisco Conde sinalou que “Astilleros Armon é un exemplo máis do potencial da nosa provincia. O mar é unha fonte de oportunidades non só no referente á actividade pesqueira, senón tamén no ámbito da industria naval”.
E avanzou que “o proxecto que lidera Alberto Núñez Feijóo aposta por potenciar o sector”. De forma concreta, o programa do Partido Popular para a reconstrución nacional contempla medidas para garantir a competitividade do sector, reforzando a FP Dual, o apoio a innovación e o posicionamento do sector nos mercados internacionais.