Os candidatos aseguran que “o PP ten moi en conta o turismo e a hostalería” e apostan por xerar “máis emprego estable e máis actividade durante todo o ano”

Conde subliñou que “estes sectores son unha gran oportunidade para impulsar o desenvolvemento económico, crear emprego e atraer visitantes”.

Os nº1 do PP lucense ao Congreso e ao Senado, Francisco Conde, e o candidato mariñán, Jaime De Olano, mantiveron encontros con hostaleiros do municipio de Barreiros acompañados polo portavoz, José Manuel Gómez Puente, nos que abordaron as propostas do Partido Popular para o sector turístico e hostaleiro que aposta pola súa “dinamización” para xerar máis gastos por visitante, máis investimento, máis emprego estable e máis actividade durante todo o ano.

Conde subliñou que “o turismo e a hostalería son unha gran oportunidade para impulsar o desenvolvemento económico, crear emprego e atraer visitantes” exercendo un gran efecto sobre sectores como a hostalería, o transporte, o comercio, a cultura, o sector primario ou os servizos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), a actividade turística supera o 10% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia. A provincia de Lugo, pola súa banda, está batendo récords de pernoctas tanto en hoteis como en aloxamentos turísticos.

O candidato popular sinalou que “pretendemos facilitar a incorporación de tecnoloxía, a modernización da súa oferta e o aumento da produtividade para hoteis, bares, restaurantes e tamén para comercios e empresas turísticas”. Así, Conde defende “un turismo de máis valor, mellor distribuído no territorio e menos dependente da temporada alta”.

Así mesmo, explicou que “o Partido Popular proxectará ao mundo o mellor de España” impulsando a promoción exterior da cultura, o patrimonio, o turismo, as universidades, a gastronomía e o deporte para aumentar a presenza e a influencia de España no mundo.

Os populares defenderon un turismo sostible, ordenado e de calidade “compatible co noso modo de vida e que xere emprego, riqueza e oportunidades para todo o territorio”.

UN CAMBIO NECESARIO

Os populares defenderon así o proxecto de Alberto Núñez Feijóo, un candidato solvente, con capacidade de xestión e que coñece ben Galicia e a provincia de Lugo e apostaron por un cambio necesario no Goberno de España.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios