Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos

por 21 Noticias

O próximo 18 de outubro, Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos, dende Accem convidámosvos á obra: «Aquí nunca pasa nada», que aborda a realidade da trata de mulleres con fins de explotación sexual.

Trátase do último proxecto da compañía Teatro sin Papeles, fundada no 2016 e conformada por persoas migrantes, algunas profesionais do ámbito, otras afeccionadas. Unha compañía con sede na Sala Metáforas, en Madrid, unha escola de teatro social con 30 anos de traxectoria.

A inmigración é o tema de fondo deste grupo de teatro, e nesta ocasión veñen representar a peza teatral “Aquí nunca pasa Nada” inspirada no mediático Caso Carioca, que amosa as debilidades e a falta de garantías na aplicación da debida protección ás vítimas.

Estas actividades están enmarcadas no convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e Igualdade e Accem para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual, trata con fins de explotación sexual e explotación sexual.

Dende o ano 2019 a ONG Accem atendeu en Galicia a máis de 300 mulleres en posible situación de trata no marco do programa ‘Atención integral a mulleres vítimas de trata sexual e/ou persoas prostituídas’, financiado pola Xunta de Galicia.

Anualmente Accem atende de maneira integral a máis de cincuenta mulleres nesta situación en Galicia, facendo tamén atención directa en contextos de prostitución, tanto en rúa como en pisos. Neste sentido, facemos fincapé nunha traxectoria acreditada de máis de dez anos na loita comprometida contra trata, apoiando directamente ás vítimas desta forma de explotación, que constitúe unha gravísima violación dos dereitos humanos.

Un traballo feito sempre dende un enfoque baseado na defensa dos dereitos humanos e na interseccionalidade, tendo en conta otras perspectivas como xénero e a interculturalidade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario