O PP  urxe ao goberno local a buscar unha solución para acondicionar o aparcadoiro do Campo de fútbol das Gándaras

por 21 Noticias
  • Logo de anos de inacción e de mentiras, por parte do PSOE e do BNG, atribuíndolle á Xunta a responsabilidade de arranxar esta zona “pedimos ao goberno local que chegue a acordos co goberno de Sánchez, é hora de que tomen medidas xa”
  • Os populares recriminan  “que moito levan falado, pero pouco traballado á hora de ofrecer solucións reais para arranxar o mal estado do aparcadoiro que hai na contorna desta instalación deportiva que é moi utilizada por xogadores, familiares e espectadores dos sete clubes que acoden a estas instalacións”

O Goberno de Sánchez di ao Concello que non pode ceder de forma gratuita

  • Dende o mes de febreiro, e tras numerosas reunións mantidas pola voceira do Grupo Popular con representantes do Concello, do Goberno central e do Ministerio de Defensa, confirmouse que os terreos son titularidade  do Ministerio de Defensa, en concreto ao INVIED (Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa).
  • Esta realidade contradí as afirmacións de socialistas e nacionalistas, que dedicaron os seus esforzos a facer oposición á Xunta con mentiras en vez de traballar  para solucionar o problema.
  • Os populares lembran como no mes de maio, os deputados nacionais  presentaron unha pregunta á Mesa do Congreso para aclarar se o Goberno de Sánchez tiña previsto ceder os terreos ao Concello de Lugo ou, polo menos, conceder un permiso para a súa adecuación e uso. A resposta, recibida en setembro, indicaba que se trata de bens patrimoniais xestionados polo INVIED, cuxo Estatuto non permite ceder bens ou dereitos de maneira gratuíta.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario