A voceira popular en Pol explica que dende a Intervención do Concello de Pol denuncian nun informe «demoledor» todas as ilegalidades que comete o alcalde na súa xestión, o que fixo que a débeda do Concello aumentase ata os 3.445.997,54€
· O informe de Intervención do Concello advirte de que Lino Rodríguez está a realizar prácticas ilegais: «A data actual a pesares das numerables advertencias de ilegalidade realizadas por esta Intervención continuase sen realizar trámite algún para adecuar ditos gastos ao procedemento legalmente establecido. A través da súa tramitación como contratos menores (simplemente presentación de factura) estase a producir un fraccionamento do obxecto do contrato e omisións de trámites esenciais do procedemento«
· Nicole Grueira explica que dende o servizo de Intervención «realizan as mesmas denuncia que fixemos en incontables ocasións sobre a situación financeira do Concello e dos gastos innecesarios do alcalde»: «Ponse en coñecemento do equipo de goberno a situación complicada que existe debido á elevada débeda pública do Concello de Pol, xa que os ingresos son moito menores que os gasto e que se gastan en cousas que non son importantes como é a rotulación dun autobús«