Diferentes concellos recibirán 198.000 euros en achegas para cofinanciamento en proxectos municipais de eficiencia enerxética, rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas
A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión semanal, vén de mobilizar un total de 212.877,63 euros en axudas á cooperación, tanto para diferentes municipios da provincia como para entidades.
Así, aprobouse a resolución do concurso para a concesión de subvencións a asociacións de pais e nais (ANPAS) de centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros para os 21 beneficiarios.
No que atinxe ás axudas á cooperación municipal, a Xunta de Goberno vén de destinar 198.000 euros a diferentes municipios. Estas achegas irán destinadas ao cofinanciamento do IDAE en proxectos municipais de eficiencia enerxética, para rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas.