O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións definitivas do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria

por Redacción Galicia

Ofértanse, mediante o sistema de concurso-oposición, un total de 271 prazas.

Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publican as puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria.

Ofértanse, mediante o sistema de concurso-oposición, un total de 271 prazas para a categoría de medicina de familia, das cales 126 corresponden á quenda de acceso libre, 132 a promoción interna e 13 á quenda de discapacidade xeral.

Presentáronse aos exercicios da fase de oposición un total de 493 persoas aspirantes, das cales aprobaron 484, o que supón unha porcentaxe de aprobados do 98%.

As puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

O Servizo Galego de Saúde ten habilitado un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es.

Estas 271 prazas ofertadas engádense ás 42 prazas ofertadas no proceso selectivo de estabilización, mediante o sistema de concurso, para esta mesma categoría. Este proceso xa foi resolto en xaneiro deste ano.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario