Os senadores Barreiro, Balseiro e Serrano fixeron balance da actividade no Senado durante o último ano 2024 acompañados pola presidenta provincial, Elena Candia. Presentaron un total de 159 iniciativas no Senado -entre preguntas, mocións e interpelacións- e realizaron unha vintena de reunións con colectivos e visitas e outras accións en distintos concellos
· «A reivindicación da mellora das infraestruturas fronte á discriminación que sofre a nosa provincia por parte do Goberno de Sánchez» é un dos principais ámbitos de actuación do PP lucense no Senado
· Os senadores citaron tres bloques temáticos: asuntos relacionados coa provincia, temas relaciones coa cidade de Lugo ou asuntos de interese xeral para os españois ou para os distintos sectores que defende o Grupo Popular no Senado, algúns deles con especial repercusión na provincia