“Colección Romántica” con David Taboada e Sergio Alba chegará ao Café Tío Ovidio (A Coruña) en San Valentín

O espectáculo, que xa percorreu numerosas vilas galegas, presenta unha coidada selección de temas, pensada para crear unha experiencia emocional inspirada pola musica. Unha viaxe máxica, onde se mima cada canción, para conectar co público a través de letras e melodías que farán fluír as nosas emocións.

A cita, será a partir das 22.00 horas. O aforo, é limitado. Pódense obter as entradas no local o día do concerto, ou reservar os asentos a través do mail coleccionromantica@gmail.com, indicando un nome e número  de butacas a reservar. así como na web  https://tinyurl.com/WEBCOLECCIONROMANTICA

Comparte éste artículo
No hay comentarios