Dereito a vivenda. Por Óscar Poy Franco

Leo con atención un artigo da deputada Olalla Rodil, vicevoceira do grupo parlamentario do Bloque no Hórreo, titulado “Dereito a vivenda”.

Non é un artigo que sorprenda moito no formal: Coma todo artigo firmado polo Bloque, ven dicir que as institucións fan as cousas ben se as gobernan eles e mal, se non. Se para xustificar este prantexamento, teñen que facerse afirmacións que manteñen un trato distante coa realidade, pois tamén.

No fondo, alén da eterna pretensión do Bloque de que eles todo o fan ben e nunca erran (polo que os demáis, todo o fan mal e xamáis acertan) o artigo sinala un problema (a escasez de vivenda, especialmente en alugueiro) e fala dunha posible solución: As políticas públicas de vivenda.

Eu tamén concordo en que é rechamante que en cidades coma Lugo exista pouca oferta de vivenda en alugueiro e máis de dez mil vivendas baleiras; semella como que a rehabilitación debera ter máis importancia que a obra nova para poder aportar unha solución do xeito máis rápido posible, algo no que tamén concordamos a deputada e máis eu.

Nun exercizo retórico, Rodil pregúntase, co gallo do das dez mil vivendas baleiras en Lugo cidade, “Algo falla, non?”.

E o certo é que si, efectivamente: Algo falla cando existen so na cidade de Lugo máis de dez mil vivendas baleiras e un esceario inmobiliario no que atopamos alta demanda e baixa oferta.

E digo eu…

Pode que falle o bipartito municipal cando pon paus nas rodas, dilatando anormalmente a concesión de licenzas e permisos á Xunta para que continue rehabilitando e poñendo en aluguer vivendas na Tinería? (Claro que, de non actuar así, non poderían seguir a dicir que a Xunta non inviste na Tinería).

Quizáis falla o bipartito municipal, que ten unha empresa pública de vivenda e solo, (EVISLUSA) pero de adorno, a pesares de que a propia páxina web da empresa especifica que entre os seus obxectivos atópanse cousas coma “desenvolvemento de solo e vivenda”, “promoción, construcción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles” ou “intervir no mercado “coa intención de regulamentar o seu prezo e evitar especulacións que poidan impedir a calquera cidadán ter acceso a unha vivenda digna.”?

Quizáis o que falla é o bipartito municipal, cando levamos xa tres alcaldes, cinco concelleiros de urbanismo (e un Jesús Vázquez) prometendo a rehabilitacion da Milagrosa e todavía nada se fixo ao respecto?

Se realmente no Bloque creen que existe en Lugo un problema de dificultade de acceso a unha vivenda, que este problema ten maior incidencia no tocante á vivenda de aluguer e que a rehabilitación podería ser unha ferramenta para solventar ámbolos dous problemas, cumpriría tamén aceptar que o traballo propio, empregando as ferramentas dispoñibles alí onde se goberna, e a colaboración institucional leal con administracións dunha cor política distinta, son imprescindibles.  

Comparte éste artículo
No hay comentarios