O PP de Lugo presenta emendas para mellorar uns Orzamentos que chegan tarde e que non son nin realistas, nin ilusionantes 

O Partido Popular deu hoxe un paso máis para mellorar os Orzamentos do 2025 do goberno local do PSOE e BNG, presentando hoxe unha serie de emendas que priorizan proxectos esenciais para Lugo como un aparcadoiro nas Fontiñas, o abastecemento de auga, impulsar un plan local de saúde mental; axudas sociais e de apoio para os nosos maiores e iniciativas para a xuventude (convenio coa USC); estudiar o acercamento da intermodal a cidade; manter a protectora na ubicación actual ou adecuación de todos os postos do mercado non só os baleiros.

Os concelleiros Mar Carballas e Javier Vázquez explicaron que o obxectivo «destas propostas son garantir que Lugo conte cunhas contas máis sociais e equilibradas”.

Os concelleiros populares Javier Vázquez e Mar Carballas manifestaron que  “gustaríamos ser parte da elaboración deste documento”. Tamén indicaron que “o normal sería abordar os orzamentos nun  pleno extraordinario” lamentando que “é inaceptable que a documentación dos Orzamentos se entregue cunha antelación tan curta e que se pretenda que a oposición non teña tempo para realizar unha análise en profundidade. Isto non é democracia, é poñer trabas para ocultar a falta de xestión”.

«Saben que os seus Orzamentos son febles, sen proxecto de futuro para Lugo. A nosa prioridade segue sendo que os veciños coñezan a verdade e que se garantan unhas contas equilibradas e responsables», concluíron.

“Non imos permitir que as malas prácticas do PSOE e do BNG limiten o noso traballo nin que Lugo perda a oportunidade de ter uns Orzamentos mellores”, finalizou Javier Vázquez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios