O Goberno de Lugo renova o alumeado dunha pista deportiva do barrio de Galegos

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou Galegos onde a Tenencia de Alcaldía realizou unha intervención na pista deportiva da zona. Penas afirmou que «esta é unha actuación na instalación deportiva da zona que permite práctica deporte en horas de pouca luz e mellorar a imaxe da zona grarantido a usabilidade desta instalación pública».

Os traballos consisiron na colocación de novo alumeado, instalando puntos LED de baixo consumo, avanzando, ao mesmo tempo, na boa eficiencia do alumeado. Alexandre Penas afirmou que esta intervención «complementa outros traballos realizados pola concellería de Infraestruturas, entre os que se inclúen a repavimentación de varias rúas que se atopaban en mal estado, así como a renovación do alumeado público a LED, que mellorou a eficiencia enerxética e a iluminación das vías».

Tratase dunha das  demandas que a Asociacion de Veciños de Galegos lle transladara ao Tenente de Alcalde Ruben Arroxo nunha recente reunión. Desde a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Destacouse que as peticións da veciñanza, «xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar».

Comparte éste artículo
No hay comentarios