A sanidade pública da Mariña «continúa en estado de auténtica emerxencia» a consecuencia das políticas do PP

Algo que dende a CIG SAÚDE A Mariña levamos denunciando de xeito continuado dende fai moitos anos.

E existen culpábeis:

O Goberno da Xunta, o Conselleiro de Sanidade e o Xerente da Área Sanitaria coa complicidade necesaria da Dirección do Hospital da Mariña.

Mentres, o PP defende que está a realizar unha magnífica xestión, «un discurso soberbio e frívolo cando se xoga coa saúde das persoas enfermas.”

Pois non, señor Rueda, o que está a pasar non é froito dunha fatalidade nin dunha maldición bíblica, é froito intencionado de todas as decisións do PP destes anos e dunha política neoliberal de recortes continuos que ten consecuencias,e cun só obxectivo: destruír a sanidade pública para dar beneficio á sanidade privada.

Nin nos rendemos nin nos resignamos e sairemos unha e mil veces á rúa para que quen goberna Galicia teña moi claro que non imos dar nin un só paso atrás na defensa dos nosos servizos públicos, que son de todos e todas, como é a sanidade pública.

Comparte éste artículo
No hay comentarios