O sábado 17 de maio ás 12,00 h. o Instituto de Estudos Ulloáns, coa colaboración do Concello de Palas de Rei, celebrará o Día das Letras Galegas 2025 no castelo de Pambre, nun acto organizado pola Sección de Literatura e toponimia do IEU, coordinada por Fernando García Penas e Andrea Santiso.
A filóloga Andrea Santiso impartirá o relatorio arredor das cantareiras, ás que está dedicado este ano o Día das letras galegas.
No recitado de poemas intervirán os poetas: Fernando García Penas, Xosé de Cea, Antom Laia, Xosé Luis Otero Cebral e Xosé Luis Santiso.
Contarase coa actuación musical das Pandereteiras de Fiadeira.