Alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol fabrica unha banqueta e un soporte móbil para o escaneo botando man da impresión 3D

Catro estudantes do terceiro curso grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, Gloria Murcia, Adrián Fernández, Bruno Goti e Mario Díaz, fabricaron unha banqueta e un soporte móbil para o escaneo de pequenos obxectos como traballo final da materia de “Fabricación Aditiva” que imparten os profesores Juan de Dios Rodríguez e Antonio Couce. 

Este traballo, realizado polo alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), consolida a incorporación de experiencias prácticas en deseño e fabricación mediante impresión 3D ao desenvolvemento de proxectos dentro desta materia optativa, avaliando non só a viabilidade técnica senón tamén a económica das solucións propostas.

Deste xeito, Gloria Murcia e Adrián Fernández, deseñaron e fabricaron unha banqueta impresa con filamento PLA e reforzada con madeira de pino. Pola súa banda, Bruno Goti e Mario Díaz, elaboraron un soporte móbil para o escaneo de pequenos obxectos no que seguen a traballar a día de hoxe. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios