O Concello de Muras, entre os dez concellos galegos con maior investimento en servizos sociais

Nos últimos días, o Consello de Contas de Galicia deu a coñecer as cuantías do gasto social por habitante no exercicio 2023 das entidades locais de Galicia.Neste informe destaca o claro liderazgo por parte do Concello de Muras, que se posiciona no 6º lugar do ranking autonómico e nun destable posto 137 a nivel estatal.

Segundo os datos que publica o Consello de Contas, Muras presenta un gasto social de 565,76 euros por habitante.

Este gasto social supón un gran esforzo económico para localidades tan pequenas do rural como é o caso do municipio de Muras. A solvencia económica do Concello, que no 2023 contou cun remanente líquido de tesourería de 1.296.816,04 €, é un factor clave para dispor de recursos que permitan afrontar o custo da prestación destes servizos á veciñanza. De feito, o Concello de Muras cumple coa estabilidade orzamentaria e contou cun aforro bruto de 166.788,17 € no ano 2023, que reflicte a capacidade da entidade para financiar con recursos propios os investimentos e a amortización da débeda.

Os servizos sociais comprenden dende a atención a persoas da terceira idade e dependentes, políticas de conciliación, atención a situacións de pobreza e exclusión social, etc.

O elevado investimento en servizos sociais por parte do Concello de Muras deixa patente a súa clara aposta polas políticas orientadas a mellorar a calidade de vida e benestar dos murenses.

Comparte éste artículo
No hay comentarios