A Xunta colabora coa asociación ‘Facer Lugo’ para celebrar o Día de Galicia no barrio da Milagrosa con música e xogos infantís

A Xunta colabora coa asociación Facer Lugo para celebrar o Día de Galicia no barrio da Milagrosa, que acollerá actuacións musicais e actividades infantís durante a xornada do 25 de xullo.

O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto con membros da organización. A mediodía haberá unha actuación de música tradicional e a tarde estará adicada aos nenos e nenas, que poderán desfrutar dunha sesión de xogos na praza da Milagrosa de 16,30 a 19,00 horas. 

A partir das 20,30 horas, a animación chegará da man do grupo Louband, que percorrerá as rúas do barrio e pechará o festexo na praza arredor das 23,30 horas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios