Mulleres Salgadas renova a súa Xunta Directiva

Mulleres Salgadas, asociación feminista de mulleres do mar de Galicia, anuncia a renovación da súa xunta directiva elixida na asemblea xeral celebrada onte (18 de agosto) en Vilagarcía de Arousa. A nova presidencia será ocupada por María Vales Martínez, quen asume o cargo co obxectivo de continuar e impulsar o labor da organización.

María Vales Martínez, socia da asociación desde os seus inicios, conta cunha ampla experiencia no sector e foi durante oito anos Patroa Maior da Confraría de Vilanova de Arousa.  O seu liderado centrarase na promoción da igualdade, a paridade nos órganos de representación e o apoio ás mulleres do mar.

A nova presidenta sucede a Dolores Gómez Ordóñez, quen estivo á fronte da asociación durante o últimos seis anos. Baixo a dirección de Gómez Ordóñez, Mulleres Salgadas experimentou un notable crecemento, consolidándose como unha voz fundamental para as mulleres do sector.  Dolores Gómez Ordóñez seguirá formando parte da xunta directiva, sucedendo a Sandra Amezaga Menéndez no rol de secretaria.

A nova xunta directiva tamén incorpora a Marinha Guizán Cascón, Inmaculada Rodríguez Rial e Maria Dolores Dieste Triñanes como vogais, achegando novas perspectivas e enerxías ao equipo.

Pola súa banda, Celia Herbón Dieste continúa como vicepresidenta, Susana Silva Alonso no seu posto de tesoureira e Concepción Ramallo Sampedro mantén o seu cargo como vogal.

A nova xunta directiva, con María Vales á cabeza, reafirma o compromiso de Mulleres Salgadas coa súa misión e obxectivos, nunha liña continuista, fortalecendo o papel das mulleres nun sector de vital importancia para a economía de Galicia.

Composición nova xunta directiva:

MARIA JOSÉ VALES MARTÍNEZPRESIDENTA
CELIA HERBÓN DIESTEVICEPRESIDENTA
DOLORES GÓMEZ ORDOÑEZSECRETARIA
SUSANA SILVA ALONSOTESORERA
CONCEPCIÓN RAMALLO SAMPEDROVOGAL
INMACULADA RODRÍGUEZ RIALVOGAL
MARINHA GUIZÁN CASCÓNVOGAL
MARIA DOLORES DIESTE TRIÑANESVOGAL
Comparte éste artículo
No hay comentarios