Será o sábado 27 de setembro e nela participarán Manín, de Fisterra; Leo Picallo, de Corcubión; e Tono, de CamariñasA charla estará moderada por Álvaro do Coral, da Lonxa D’Álvaro.
O Cámping Lago-Mar de Muxía acollerá o vindeiro sábado 27 de setembro unha charla sobre Fútbol da Costa. Será unha conversa na que participarán tres xogadores históricos da zona: Manín, de Fisterra; Leo Picallo, de Corcubión; e Tono, de Camariñas.
Trátase de tres xogadores cunha longa experiencia xogando en distintos equipos da zona, polo que será un encontro dedicado a todas as persoas amantes do fútbol e do fútbol da Costa no que os xogadores compartirán as súas vivencias e experiencias.
A charla comezará ás 18:00 horas e estará moderada por Álvaro do Coral, da Lonxa D´Álvaro, un dos grandes cociñeiros da Costa da Morte e un gran amante do fútbol da Costa.
Concerto de The Revivals
Esta fin de semana o cámping tamén acollerá dentro da súa programación o concerto de The Revivals. Trátase dun trío acústico afincado na Coruña formado por tres músicos que levan moitos anos subidos aos escenarios: Katy Blue, José Angel Colorado e Nano Combo. O concerto será o venres 26 de setembro a partir das 20:00 horas.
Sobre o Cámping Lago-Mar
O Cámping Lago-Mar é un espazo xestionado por Horta Creativa, unha cooperativa cultural muxiá que traballa para que o camping sexa un lugar agradable onde descansar e gozar da contorna da zona, pero tamén un punto de encontropara a cultura en Galicia, acollendo a creadores e artistas, e ofrecendo opcións culturais para todos os hóspedes, visitantes e habitantes da comarca.
A programación do Cámping actuálizase mes a mes con concertos, obradoiros, charlas e outras citas culturais, cunha clara apsota por poñer de relieve a cultura galega e todo o que están a facer creadores e creadoras galegos. Por iso, dentro da programación, sempre teñen protagonismo actividades relacionadas coa cultura de Galicia.
Pódese consultar máis información sobre o Cámping Lago-Mar e facer reservas nas súas instalacións a través da web: https://www.campinglagomar.es Tamén se pode consultar información actualizada sobre a programación nos perfís de Instagram e Facebook: @camping_lagomar