Tras o éxito da primeira edición, a Comisión quere seguir construíndo a memoria festiva de Viveiro confotos das décadas seguintes.
A Comisión Viveiro en Festas xa traballa na organización das festas de San Roque do próximo mes de agosto e, como parte das actividades de recadación de fondos, anuncia a elaboración dun calendario de 2026. Despois do gran éxito acadado coa edición anterior, dedicada ás fotografías das décadas dos 40, 50, 60 e 70, nesta ocasión o calendario estará centrado nas festas de San Roque durante os anos 80 e 90, co fin de preservar e difundir a memoria gráfica da tradición festivade Viveiro.
Para levar a cabo esta iniciativa, a Comisión fai un chamamento a todos os veciños e veciñas que conserven fotografías desas décadas relacionadas coas festas da vila. Procúranse imaxes que amosen verbenas, desfiles, comparsas, concertos, actos populares e, en xeral, calquera momento festivo daqueles anos. Recoméndase indicar o ano aproximado da fotografia para estabelecer unha orde cronolóxica, así como enviar fotografias cun peso mínimode 500KB.
As persoas interesadas en colaborar poden poñerse en contacto coa Comisión a través das súas redes sociais oficiais, no teléfono 614191962, a través do correo electrónico comisionviveiroenfestas@gmail.com ou a través de calquera dos membros da asociación.
A comisión anima á veciñanza que queira participar nesta proposta, que non só servirá para recadar fondos destinados á organización das festas, senón, según din“serve para recuperar e compartir a memoria recente das festas de San Roque e, entre todos, traballar na identidade colectiva de Viveiro como viñemos facendo durante este último ano”.