A Deputación, Concello e Xunta apoian o acto da AECC en Lugo contra o cancro de mama

O Deputado provincial Pablo Rivera Capón, en representación da Deputación de Lugo, participou hoxe na ofrenda floral que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizou na Mosquera con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama.

Rivera, xunto co Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o primeiro tenente de alcalde Rubén Arroxo, e o delegado da Xunta, Javier Arias, apoiou a iniciativa do colectivo que preside José Manuel Rozas.

Baixo o lema «Tomámonolo a peito», a AECC instalou como en anos anteriores diferentes puntos de distribución de plantas a cambio dun donativo en todo o centro da cidade para fomentar a concienciación.

Comparte éste artículo
No hay comentarios