Récord musical na Muralla de Lugo: A Xunta reúne a máis de 160 acordeonistas no aniversario da declaración da UNESCO

A Delegación Territorial da Xunta acolle hoxe o primeiro ‘Gran Encontro de Acordeonistas de Lugo’, dentro da programación do Goberno galego para conmemorar o 25 aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

O delegado territorial, Javier Arias, asistiu esta mañá á actuación conxunta que ofreceron os máis de 160 acordeonistas das 12 agrupacións participantes no encontro, que chegaron de distintos puntos de Galicia, Asturias e Castela e León. Entre elas, está a lucense Terras do Miño, formada por músicos que superan os 60 anos de idade, e que colaborou co Goberno galego na organización deste orixinal evento.

O encontro segiu pola tarde, a partir das 17,00 horas, coas actuacións xa por separado das agrupacións, para seguir ofrecendo ao público unha mostra da variedade e riqueza da tradición musical do noso país.

Comparte éste artículo
No hay comentarios