O sábado 21 de marzo ás 20:00 horas na Taberna Cultural A Despensa de Saa.
Ana Mar Fraga Rábade impartirá unha charla na Taberna Cultural A Despensa de Saa, acompañada polo escritor e profesor José Carlos Ulloa García.
A charla versará sobre a figura de Constanza de Castro, merecedora dun ben histórico en Galicia, tan insigne como esquecida.
Como historiadora e investigadora das culturas antigas, afondará no papel da realidade histórica na vida política e social.

Reflexionará sobre a muller actual e a do medievo, tema complexo, xa que si ben se produciron avances significativos nos dereitos, persisten estruturas patriarcais e desigualdades que recordan, por desgraza, dinámicas históricas. A autoridade e o control, a carga de coidados, a violencia e a inseguridade son outros aspectos importantes para concluír que os logros actuáis deben ser protexidos.