PSOE e BNG, tendo recursos, rexeitan incrementar o Plan Deputación “para compensar a suba do custe das obras” a consecuencia dos conflitos bélicos

Ameijide advertiu que “a subida do prezo das materias primas e, fundamentalmente, do petróleo e os seus derivados coma o gasóleo ou o betume para as estradas ou o formigón…” supón un encarecemento das obras nun 30 ou 40% que “vai dificultar moitísimo que os Concellos que presentaron obras para o Plan Deputación poidan facer fronte ás mesmas con este Plan, se dende a Deputación non teñen a sensibilidade de incrementar os fondos poñerán en risco moitas obras”.

O goberno provincial de PSOE e BNG rexeita a proposta do PP de incrementar o Plan Deputación, “como mínimo, o mesmo que está subindo o custe das obras ante o ascenso dos prezos, especialmente, o que estamos a sufrir estes meses”.

O portavoz popular, Antonio Ameijide, convidou ao equipo de goberno a “ter en consideración” incrementar os fondos deste Plan Deputación ante a subida xeneralizada dos prezos e o incremento dos custes das materias primas “fundamentalmente do petróleo e os seus derivados que acaba subindo o prezo do gasóleo, o betume para as estradas, etc”. E engadiu que o encarecemento das obras entre un 30 ou 40% “vai dificultar moitísimo que os Concellos que presentaron obras para o Plan Deputación poidan facer fronte ás mesmas con este Plan Deputación”.

Ameijide explicou que a inflación subiu un 3% e o orzamento provincial outro 3%, pero “o Plan Deputación só sube un 1% (250.000€ por ano). E ese incremento está moi por debaixo do custe da vida” polo que, na práctica, “é unha baixada do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos” que “o Grupo Provincial Popular pedía incrementar en 10M€”.

“E mesmo lles dixemos de onde sacar ese diñeiro: dos 15M€ anuais que destinan a convenios a dedo con Concellos gobernados por PSOE e BNG para gastos cuestionables, pagar delirios dalgúns alcaldes ou para poñer sobresoldos a outros…”, continuou o popular. “O que pedimos dende o Grupo Provincial Popular é un reparto xusto e igualitario, non sectario que é o que fan”, remarcou.

Antonio Ameijide lembrou, nese sentido, que “a pesar de que a presidenta dixo que ía cambiar as formas dando a entender que se ía distanciar do que segue manexando dende a sombra, segue facendo o mesmo. Nada cambiou: continúan aprobando convenios a dedo nas xuntas de goberno” para os Concellos afíns.

O popular recordou como durante o debate propuxo incrementar de inmediato os fondos destinados a cada concello a través do Plan para evitar que quedasen obras sen executar dada a suba dos costes dos materias e, por tanto, de execución das obras. “Vemos como tanto socialistas como nacionalistas seguen negándose a colaborar con todos os concellos de forma igualitaria xa que, do contrario, apoiarían de inmediato a petición de aumentar os fondos para garantir que se poden executar todas as obras proxectadas”, lamentou.

O portavoz do PP expuxo que “PSOE e BNG néganse a flexibilizar o uso deses fondos” porque “non permiten sufragar gastos xerais”. Pero si asinan convenios pola porta de atrás de centos de miles de euros con determinados Concellos para pagar a luz, materiais de obra, gasolina, seguros de coches e unha infinidade de tropelías pola mala xestión dos seus alcaldes”.

Ameijide tamén lembrou que “este plan nace dunha obriga legal”. E, engadiu que, “están a cumprir a lei obrigados polo PP que chegou a un acordo co PSOE nun momento no que o presidente da institución miraba máis alá do seu embigo e dos intereses persoais dos socialistas”. Así mesmo, incidiu en que “é unha fórmula mellorable, pero é máis xusta da que dispón a Deputación de Lugo para o reparto anual de fondos a tódolos Concellos da provincia”. O PP votou a favor porque “é mellor este plan que ningún”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios