A Deputación da Coruña aproba 114.961,65 euros en axudas para reforzar as agrupacións de Protección Civil da provincia

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a concesión definitiva da liña de subvencións destinada a apoiar investimentos das agrupacións de voluntariado de Protección Civil da provincia, cun investimento total de 114.961,65 euros.

A resolución da Presidencia beneficia a 16 agrupacións e asociacións da provincia, que poderán mellorar os seus medios materiais e operativos para facer fronte ás situacións de emerxencia.

O programa está orientado á adquisición de equipamento, maquinaria, ferramentas de rescate, sistemas de comunicación ou mesmo dotación de novos vehículos, reforzando así a capacidade de resposta dun servizo esencial para a seguridade da cidadanía.

Estas axudas enmárcanse na aposta da Deputación por apoiar o voluntariado de Protección Civil, especialmente nos concellos de menor tamaño, onde desempeñan un papel clave na prevención, intervención en emerxencias e apoio á veciñanza.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “as agrupacións de voluntarios de Protección Civil realizan un traballo fundamental para garantir a seguridade das persoas en toda a provincia”. Formoso subliñou que “con estas axudas contribuímos a que conten con mellores medios para desenvolver o seu labor, reforzando a capacidade de resposta ante calquera emerxencia e recoñecendo tamén o compromiso do voluntariado, que é un dos grandes activos dos nosos concellos”.

RELACIÓN DE AXUDAS APROBADAS 

BeneficiarioImporte (€)
AVPC Abegondo4.129,49
AVPC Arteixo9.359,29
AVPC Betanzos3.981,87
AVPC Carnota4.045,48
AVPC Curtis9.880,00
AVPC Dumbría7.165,43
AVPC Muxía11.400,00
AVPC Trazo3.970,62
AVPC Vilasantar3.513,92
AVPC Oroso9.880,00
AVPC Mazaricos3.952,00
AVPC Xallas11.400,00
AVPC Boiro6.653,04
AVPC Negreira6.670,51
Asociación de Agrupacións de Protección Civil9.480,00
Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil da Coruña9.480,00

TOTAL: 114.961,65 €

Comparte éste artículo
No hay comentarios