Nace Plataforma Compostela, Accesible, XA!

Santiago de Compostela conta desde cun novo movemento cidadán: Plataforma Compostela, Accesible, XA!, unha iniciativa creada co obxectivo de defender os dereitos das persoas con discapacidade, mobilidade reducida, maiores, familias con carriños de bebés e de toda a cidadanía que sofre a diario as dificultades dun concello que aínda presenta numerosas barreiras físicas e sociais.

A plataforma nace cunha idea clara: a accesibilidade non pode seguir sendo unha promesa pendente, senón unha prioridade real. Compostela debe avanzar cara un modelo de concello moderno, inclusivo, humano e preparado para todos, especialmente nun municipio de referencia internacional, patrimonio da humanidade e destino de miles de visitantes cada ano.

Entre os principais obxectivos de Plataforma Compostela, Accesible, XA! destacan:

  • Eliminación de barreiras arquitectónicas en rúas, prazas e edificios públicos.
  • Mellora da mobilidade e dos itinerarios accesibles no casco histórico e barrios.
  • Máis prazas reservadas e control do seu uso.
  • Transporte público adaptado e eficaz.
  • Espazos culturais, festivos e deportivos accesibles.
  • Visibilidade e participación real das persoas con discapacidade nas decisións municipais.
  • Sensibilización social sobre a importancia da accesibilidade universal.

Desde a plataforma fan un chamamento á cidadanía, asociacións, colectivos e institucións para sumar esforzos e construír un Concello mellor para todos.

“A accesibilidade non beneficia só a uns poucos: beneficia a toda a sociedade.”

Plataforma Compostela, Accesible, XA! comezará nas próximas semanas unha serie de accións públicas, campañas informativas e encontros veciñais para trasladar propostas concretas e recoller demandas reais da cidadanía.

Comparte éste artículo
No hay comentarios