Jonatan Jorge Guille: versos entre Vigo, Lugo e a Revolución dos Cravos na Despensa de Saa

Este sábado 25 de abril, ás 20:00 horas, a Despensa de Saa convértese no escenario dun encontro íntimo coa palabra. O poeta Jonatan Jorge Guille —vigués de nacemento e lucense de adopción— ofrecerá un percorrido pola súa traxectoria baixo o título “O pai que foi neto”.

Nesta proposta, o autor explora a súa recente paternidade como un espello da memoria familiar, nunha procura constante de identidade e afectos. Sendo unha data tan simbólica, a Revolución dos Cravos tamén latexará no evento, fundindo a lírica persoal co espírito de liberdade do 25 de abril.

A presentación correrá a cargo do artista polifacético Simón Rodríguez, o recoñecido “galego de Caracas”, quen será o encargado de introducir unha velada onde a emoción e o compromiso social se darán a man.

Comparte éste artículo
No hay comentarios